
Punto e Seguido (2016)
Optimizado para 1280x800
Punto e Seguido xorde nun contexto social económico no que as labores tradicionais e artesanais están desaparecendo e, na súa gran maioría, son substituídas por máquinas, poñendo case fin a centos de anos de historia.
As grandes empresas absorberon ao comercio e a produción local e hoxe en día é obrigatorio estar presente en Internet, sobre todo nas redes sociais, para darse a coñecer e chamar a atención do consumidor. As poderosas entidades caracterízanse por producir a baixo custo en países subdesenvolvidos e comercializar os seus bens por todo o mundo a un prezo razoable que se adapta ao consumidor de clase media. Mentres, as pequenas empresas autóctonas desaparecen ou loitan por manter a súa actividade.
A pesar de que a gran maioría da sociedade é seguidora das marcas convencionais, cada vez son máis as persoas que valoran os produtos locais e o traballo e dedicación que hai detrás deles, así como a autenticidade e calidade destes.
Punto e Seguido nace para darlle voz a todos os artesans e entidades galegas que crean produtos renovando a súa imaxe e técnica de mercado pero conservando a esencia do seu traballo para logralo.
Eles marcan a diferenza.
